Neuroriqueza: descobre como atraer diñeiro

Galiciaé e Aprendum ensínanche a obter e xestionar grandes sumas de diñeiro

Cada mes temos que asumir innumerables gastos: facturas, hipoteca, aluguer, compras... Seguro que en máis dunha ocasión experimentaches a angustiosa sensación de non dispor dos suficientes recursos para facer fronte a todos eles. Non chego a fin de mes, hai que estirar máis o orzamento? Son expresións que utilizamos con certa frecuencia e que sen decatarnos, condicionan a nosa situación financeira actual.

A maioría da poboación non está preparada para obter e xestionar grandes sumas de diñeiro. Isto débese a que fomos educados cunha mentalidade restritiva e limitada en canto a riqueza. Xa desde pequenos confeccionamos a nosa propia opinión sobre o diñeiro, o que no futuro vai condicionar o noso modo de actuar e pensar. Segundo os expertos, estes cimentos constitúen xa o primeiro obstáculo para ser rico.

Pero o quid da cuestión radica en que os seres humanos actuamos conforme aos nosos pensamentos. Se concibimos o diñeiro como algo malo ou negativo, inconscientemente faremos todo o posible por desfacernos del, xa que ese é o sinal que mandamos ao subconsciente. Nunca chegaremos a acumular unha gran fortuna, e se o facemos, malgastarémola ou perderemos con total facilidade.

Sen dúbida, a mentalidade limitada cara á riqueza desemboca en recursos limitados. Se pensamos de forma pobre, viviremos unha vida pobre. En cambio, se pensamos como o fan os ricos, alcanzaremos o éxito e a plenitude. O segredo está entón en alcanzar esa mentalidade. E a neuroriqueza xoga un papel fundamental nese proceso.

Galiciaé ofréceche a exclusiva oportunidade de descubrir as técnicas e segredos que se engloban dentro desta disciplina grazas a este Curso online de Neuroriqueza, PNL e Desenvolvemento Profesional, ao incrible prezo de 59 euros. Serás capaz de detectar que pensamentos bloquean a entrada de recursos e como reprogramar eses patróns para que a túa mente atraia a abundancia. Aprenderás a eliminar os valores asociados ao diñeiro e a entender que este, en si mesmo, non ten asociada ningunha connotación, nin positiva nin negativa.

Coñecerás como pensan as mentes ricas, cales son os teus patróns sobre o diñeiro, que crenzas te limitan e que hábitos promoven a prosperidade. Para iso adquirirás formación en materia de economía, finanzas e programación neurolingüística (PNL) para que poidas analizar a túa situación financeira actual e descubrir como podes xerar máis ingresos, conservalos e incluso investilos. Planificar o tempo e marcar obxectivos serán outros dos aspectos esenciais para alcanzar a plenitude económica.

O seu formato online permitirache marcar o teu propio ritmo de aprendizaxe e combinar esta formación coa realización doutras actividades. Contarás cun titor que che axudará a resolver calquera dúbida que che puidese xurdir e poderás descargar o material de que consta o curso. Os exemplos e casos prácticos que se inclúen axudaranche a consolidar toda a aprendizaxe.

Ao concluír o curso recibirás unha Certificación Acreditativa que avalará a formación neste ámbito. Dálle un xiro á túa mentalidade, atrae a abundancia e a prosperidade e incrementa os teus ingresos.

Comentarios