Durante o sábado unha borrasca situarase ó oeste de Galicia. Así, teremos un día de ceo con nubes de tipo medio e alto, con máis nubes ao final da xornada e precipitacións que comezarán pola metade sur do territorio e afectará a toda a provincia de Pontevedra. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable.
TEMPERATURAS MÍNIMAS E MÁXIMAS NAS CIDADES
A Coruña 10° 17°
Ferrol 8° 18°
Lugo 3° 16°
Ourense 7° 16°
Pontevedra 9° 18°
Santiago de Compostela 9° 15°
Vigo 12º 19º