Este domingo unha nova borrasca situada ao oeste de Irlanda volverá traer unha xornada de inestabilidade atmosférica, polo que se esperan ceos parcialmente cubertos con precipitacións intermitentes máis frecuentes nas provincias atlánticas.
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos do suroeste. Así mesmo, hai alerta laranxa en todo o litoral de Galicia, desde A Mariña ata as Rías Baixas.
TEMPERATURAS MÍNIMAS E MÁXIMAS PREVISTAS
A Coruña 10º/15º; Ferrol 11º/14º; Lugo 9º/11º; Ourense 11º/13º; Pontevedra 11º/14º; Santiago 8º/11º; Vigo 11º/15º.