Nubes e choiva antes do anticiclón

Durante o luns, Galicia estará baixo os efectos dunha fronte que se moverá preto da comunidade no norte. Con esta situación, espéranse ceos cubertos con choivas máis intensas durante a mañá, que irán remitindo co avance do día. 

Así o avanza a predición de Meteogalicia, que recolle que os ventos soprarán do suroeste. En canto ás temperaturas, as mínimas ascenderán lixeiramente, especialmente no interior, mentres que as máximas non terán cambios significativos. 

Desta forma, entre as principais cidades galegas, as mínimas oscilarán entre os 13 graos de Lugo e os 16 de Ferrol, e as máximas situaranse entre 15 en Santiago e 18 na Coruña. 

Comentarios