As nubes conquistan o ceo, coa posibilidade dalgún chuvasco

A Costa da Morte e as Rías Baixas estarán xa este mércores en alerta amarela por ondada
En el cielo se alternarán nubes y claros. ALBA SOTELO
photo_camera As nubes apropiaranse do ceo. ALBA SOTELO

Mapa coa previsión de Meteogalicia

As nubes apropiaranse este mércores do ceo en toda a comunidade, nunha xornada na que achega a Galicia unha fronte pouco activa que trae consigo a ameaza de choiva. Principalmente, nas provincias da Coruña e Pontevedra a última hora do día, segundo as previsións de nbsp;Meteogalicia.&Uns chuvascos que serven de pregoeiros ás choivas que 24 horas despois serán xeneralizadas en todo o territorio galego.

A Costa da Morte e as Rías Baixas estarán xa este mércores en alerta amarela por ondada, ante a previsión de ondas de catro a cinco metros de alto. E o xoves este aviso farase extensivo tamén á Mariña lucense.

As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, de modo que nas grandes urbes galegas os termómetros non caerán en ningún momento baixo cero. Os valores máis baixos rexistraraos Lugo, con 4 graos de mínima, fronte aos 6º de Pontevedra ou os 8º de Vigo e Compostela. En canto ás máximas, alcanzarán os 14 graos na Boa Vila, Santiago e a cidade olívica, mentres que na capital lucense non se superarán os 10 graos e en Ferrol ou A Coruña chegarase aos 15º.

Comentarios