Nova certificación para 'Hijos de Rivera'

INTERIOR_FabricaEstrella152.JPG
photo_camera INTERIOR_FabricaEstrella152.JPG

A empresa galega Hijos de Rivera, matriz de 'Estrella Galicia', obtivo a certificación OHSAS 18001 de Xestión de Prevención de Riscos Laborais concedida  por AENOR.

Isto supón, segundo explica a cervezera nun comunicado, “un importante recoñecemento ao intenso traballo desenvolvido desde hai anos por parte da compañía no campo da Seguridade e Saúde Laboral”.  Engade ademais que OHSAS 18001 “complementa e intégrase coas certificacións que xa posúe Hijos de Rivera, como a norma de Xestión de Calidade, a de Medio Ambiente e a de Seguridade Alimentaria, así como a Declaración Ambiental de acordo ao regulamento EMAS”. Hijos de Rivera advirte tamén que é a primeira empresa do sector cervexeiro de España en completar a integración destas catro certificacións con AENOR.

Autoesixencia
Para a compañía con sede na Coruña, a certificación OHSAS “reflexa o compromiso adquirido nos últimos anos por incrementar o seu nivel de autoesixencia en todos os ámbitos da súa actividade”. Afirma ademais que “este compromiso é extensible a todas as empresas do grupo Hijos de Rivera e materializouse recentemente en Cabreiroá coa obtención da certificación ISO 22000 en Seguridade Alimentaria”.

Deste xeito, engade, Cabreiroá completou as principais certificacións relacionadas co sector, sendo a primeira empresa galega de auga mineral en conseguilas e situándose á cabeza do sector a nivel nacional.

Comentarios