A D.O. Ribeiro participa na VI Jornada de Sumillería

Unha delegación de catorce adegas do Ribeiro encabezadas polo Consello Regulador viaxou a Valladolid para participar no 'Espacio Market' da VI Jornada Internacional de Sumillería que organiza a Unión de Asociaciones Españolas de Sumilleres (UAES) xunto coa Academia de Sumillería Española (ASUE).

Así, o Ribeiro dispón dun espacio privilexiado para a promoción dos seus viños nunha das citas de maior prestixio no ámbito da sumillería e que, cada ano, congrega unha amplia representación de profesionais do sector. Na súa sexta edición, as Jornadas Internacionales de Sumillería presentan un reforzado programa co que aspiran a acadar un maior protagonismo no mundo da hostalaría e da restauración, incorporando a súa oferta de actividades unha feira-exposición de viños e a quinta edición do Concurso Nacional de Tapas y Pinchos.

Deste xeito o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e os catorce viños participantes nesta mostra: Teira X, Tarabelo, Sanclodio, Viña Mein, Casal de Paula D.H., Casanova, Gran Leiriña, Armán, Beade Primacía, Terra Minei, Viña Farnadas, Eduardo Bravo, Cuñas Davia e Eloi Lorenzo, serán este mércores testigos de excepción da final do Concurso Oficial Mejor Sumiller de España 2009, no que avaliarán a cata a cegas, a corrección dunha carta errónea de viños ou a decantación e servicio dos mesmos.

Comentarios