O Grove acolle as VII Xornadas Gastronómicas da Centola

As VII Xornadas Gastronómicas da Centola trasncurrirán no municipio do Grove entre o 28 de novembro e o 8 de decembro. Durante un total de 11 días, nos diferentes restaurantes co distintivo das xornadas poderanse degustar preparados especiais onde a centola será a estrela.

Ademais, levaranse a cabo unha serie de actividades como un o concurso de pratos, visitas guidas pola lonxa de contratación e o peirao. Tamén un concurso de centolla viva, acto de confraternidade e entrega de recoñecemento a un mariñeiro da localidade, actuación de gaiteiros e música folk nos restaurantes participantes e demostración de cociña en vivo con receita a base de centolla, entre outras.

Dentro da programación das xornadas, inclúese o concurso de pesca internacional que organiza o Club de Pesca Marítima O Isco.

Comentarios