Pepe Solla estará en Madrid Fusión 2009

Pepe Solla (Foto: I.P.)
photo_camera Pepe Solla (Foto: I.P.)

Pepe Solla, chef e propietario de Casa Solla, en Poio (Pontevedra), estará no próximo Madrid Fusión. Trátase dun dos encontros gastronómicos máis importantes de cantos se celebran en España e está dirixido por Carlos Capel.

Cun relatorio sobre os tempos de cocción dos peixes, Pepe Solla ocupará o escenario central do congreso, e será unha das estrelas do Madrid Fusión, que se celebrará os días 19, 20, 21 e 22 de xaneiro de 2009.

A cita para escoitar ao cociñeiro de Poio será o mércores, 21 de xaneiro ás 9,30, e o título “O mar a baixa temperatura. Cocciones milimétricas do peixe”.

Premio Caldereta 2008

Por outra banda, o próximo 21 de xullo entréganlle a Solla jr. en Asturias o premio Caldereta 2008, que concede o suplemento gastronómico “Yantar” do Diario El Comercio de Xixón, pioneiro en España, con 12 anos de andaina. Xunto a Pepe Solla foron galardoados o restaurante Casa Conrado (Oviedo) e o novo cociñeiro Alberto Asensio, do barrigón de Bertín de Lastres.

Comentarios