Pepe Solla, premiado pola Fundación Dionisio Duque

Pepe Solla, en un seminario sobre la lamprea (Foto: I.P.)
photo_camera Pepe Solla, en un seminario sobre la lamprea (Foto: I.P.)

Na terceira edición destes premios que concede a fundación que honra e continua o labor da familia Duque en e pola cidade de Segovia recoñeceuse na categoría de mozo emprendedor no mundo gastronómico a Pepe Solla, "polo xiro innovador que lle deu a un dos templos da cociña galega tradicional".

Xunto ao chef do Grupo Nove foron galardoados tamén Marisa Sánchez, José María Ruiz Mateos, Madrid Fusión e a web www.vivirelvino.com, como recoñecemento ao labor da figura da muller no mundo da hostalaría, toda unha vida dedicada ao turismo e á hostalaría, labor social e cultural relacionada coa gastronomía e labor de comunicación, innovación e novas tecnoloxías respectivamente.

Comentarios