Pero Bernal 2009

vino-1.JPG
photo_camera vino-1.JPG

Zona: Ribeira Sacra. Colleita: 2009. Maridaxe: Cordeiro lechal asado ao espeto. Grao: 12,5% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 14-16º.

A min paréceme que foi onte, pero con todo hoxe hai xa dous anos que empecei a escribir esta columna. O meu primeiro viño foi Las Glorias de Amedo e é por iso que hoxe o recordo cun tinto desta mesma adega. Pero Bernal é o máis consentido dos caldos de Adegas Amedo: para el resérvase unha selección de uvas mencía e tempranillo que provén da Viña do Inferno, un viñedo coñecido con este nome polas xentes de Sanfiz por ser un lugar no que se alcanzan elevadas temperaturas, pola súa excepcional inclinación e difícil acceso.

Cata

De cor vermella granate de capa media –alta e ribete violáceo. En nariz presenta boa intensidade aromática, con certa complexidade, na que destacan os aromas froiteiros de froitos negros macerados con toques vexetais sobre un fondo mineral.

Comentarios