Pescado

O bacallau é un pescado blanco e, por tanto, posúe  un baixo contido graxo. Almacena as súas reservas de graxa preferentemente no fígado, usado para a fabricación de aceite de pescado. Ten tantas proteínas como a carne, sendo o seu consumo óptimo para as medras.

Ingredientes

  • Bacallau.
  • Pementos vermellos.
  • Aceite, allo e sal.

Elaboración

Ásanse os pementos no forno cun pouco de aceite e sal, con coidado de que non se queimen, dando a volta de vez en cando. Unha vez asados, tápanse con papel de aluminio e déixanse arrefriar para a continuación pelalos. Por outro lado, bótase aceite e allo laminado nunha cacerola e antes de que colla cor o allo, engádese o bacallau. Este proceso ten que ser a fogo lento para que o bacallau solte toda a súa xelatina.

Unha vez feito isto, colócanse os pementos nun prato e o bacallau por riba deles e alíñase coa salsa do propio bacallao.

Comentarios