Peza do Rei barrica 2006

Zona: DO Ribeira Sacra, subzona de Ribeiras do Sil. Colleita: 2006. Uva: mencía. Maridaxe: osobuco de tenreira con zarrotes. Grao: 13% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 14º

Cruzamos o Sil. Atrás deixamos as escarpadas ladeiras de Doade para penetrarnos en Ourense, na Abeleda, e detémonos en Eirexe diante da porta da Adega Cachín, de César Enríquez Diéguez. Alejandro móstranos os viñedos e, coa profesionalidade dun excelente viticultor, explícanos como modernizan as antigas vides. Consciente dos avances que está a conseguir, augura un futuro aínda máis prometedor do que se está vivindo actualmente na Ribeira Sacra.

Saber que hai grandes brancos en Galicia non é unha noticia nova, para mostra esta mesma adega que, recentemente, recibiu 90 puntos en The Wine Advocate de Robert Parker polo seu Godello Peza do Rei.

Picota
De cor cereixa picota con ribetes granates e capa alta. En nariz destaca unha boa conxunción aromática entre as froitas maduras vermellas e negras, elegantes notas balsámicas e notas especiadas, afumadas e tostados que lle imprimen a súa estancia en barrica. En boca é carnoso, con boa tanicidade e adecuada acidez, agradable e amplo.

Comentarios