Preparándose para a vendima e recollendo éxitos da pasada campaña

Na Denominación de Orixe Ribeira Sacra seguen  realizándose os controis de maduración para determinar a data de inicio da vendima. Como ten ocorrido outros anos, obsérvanse diferenzas entre subzonas e entre viñas da mesma subzona no referido á maduración da uva, aínda que a estas alturas tamén se pode afirmar, como media dá D.O.,  que hai un lixeiro adianto con respecto ao pasado ano. A calidade da uva é satisfactoria e non se esperan incidencias, nin grandes cambios en relación ao pasado ano. Seguen sendo determinantes as dúas primeiras semanas deste mes de setembro, será entón cando se poida definir unha data para o inicio da campaña.

E mentres segue o traballo de campo por parte dos técnicos do C.R.D.O.R.S., 24 viños do D.O. compiten a partir dá mañá polas Distincións Gallaecia.

Despues de ter celebrado as catas previas no diferentes D.O. e ter catado 441 mustras entre viños, augardentes e licores amparados, chegan á cata final 97 referencias. 15 catadores valorarán entre os días 2 e 3 deste mes, no Mosteiro de San Clodio, en Leiro, 97 referencias de viños sacados do mercado, en distribuidores e tendas. Dos 97 viños que pasan á cata final 24 pertencen ao D.O. Ribeira Sacra.

Este ano Ribeira Sacra obtiña excelentes resultados metendo nesta cata final para as Distincións Gallaecia un cuarto dos viños participantes. Outra convocatoria que deixaba un gran sabor de boca era o Concurso Internacional de Viños de Montaña de Aosta, celebrado a comezos de verán. En tintos, a Denominación obtiña gran medalla de ouro e medalla de ouro, ademais de 6 mencións de honra, houbo dúas mencións de honra nos brancos e outra máis para os tintos producidos entre 2006-2007, ademais do Premio Especial Cervim 2009. O presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez estará presente este venres día 4 en Aosta, para recojer os premios que serán entregados aos destinatarios no xantar de Nadal que todos os anos celebra a Denominación de Orixe.

Comentarios