Expogalaecia, o salón de turismo, gastronomía e Artesanía

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, e o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo de Vigo, Santiago Domínguez, presentarán este mércores 21 de outubro a XII edición do Salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía, Expogalaecia, certame organizado pola empresa Planner & Proceltha.

Ao acto asistirán tamén o director do IFEVI, Arsenio Prieto, o presidente da Asociación Empresarial de Hospedaxe da provincia de Pontevedra (ASEHOSPO), José Manuel Barbosa, e o presidente de Planner & Proceltha, Rubén López.

O Salón Expogalaecia reunirá do 30 de outubro ao 1 de novembro a máis de cen expositores de seis países, que representan a preto de 500 entidades públicas e privadas, nunha superficie de 10.000 metros cadrados no IFEVI.

A organización desta cita feiral espera alcanzar unha cifra de negocio directo e indirecto de máis de 10 millóns de euros e estímase que visitarán o salón ao redor de 25.000 persoas.

Comentarios