Presentación das XII xornadas do bonito de Burela

Mañá martes, 30 de xuño, terá lugar a Presentación das XII xornadas do Bonito de Burela do Club Gastronómico Rías Altas nas Adegas Agnusdei. Lugar de Axis s/n. Simes. Meaño.

O acto terá lugar ás 13:00 horas e participarán no mesmo Don José Martínez Vidal (presidente do Club Gastronómico Rías Altas), Don Fernando Yáñez Rodríguez (Director do desenvolvemento de Negocio Adegas Agnusdei), e Don Ignacio Franco Costas, director de Mercadotecnia e Recursos Vinum Terrae.

O Club Gastronómico naceu en outubro de 1983 a iniciativa dun gran grupo de propietarios de restaurantes de toda a provincia da Coruña, que acordaron crear unha asociación para potenciar as calidades da gastronomía galega. A día de hoxe son 30 os establecementos que continúan unidos con esa finalidade de promoción e difusión da boa mesa de Galicia e os seus produtos.

Comentarios