O PSOE anuncia unha moción de censura contra Cifuentes

Gabilondo cre que a presidenta non contou "toda a verdade" sobre o seu máster

Ángel Gabilondo. ZIPI (EFE)
photo_camera Ángel Gabilondo. ZIPI (EFE)

O portavoz do PSOE na Asemblea de Madrid, Ángel Gabilondo, anunciou este mércores que o seu grupo proporá ante o Comité Federal do PSOE a presentación dunha moción de censura contra o Goberno de Cristina Cifuentes despois de que a presidenta non conte "toda a verdade" sobre o seu máster.

En declaracións aos xornalistas tras o pleno extraordinario no que Cifuentes compareceu, Gabilondo anunciou esta medida que se tomará "con toda celeridade" ante a "alarma" creada polas supostas irregularidades no título obtido pola dirixente autonómica na Universidade Rei Juan Carlos. 

Comentarios