Quara Syrah 2010

Vino(21_2011) Quara Syrah 2010.JPG
photo_camera Vino(21_2011) Quara Syrah 2010.JPG

Zona: DO Arxentina, Val de Cafayate. Colleita: 2010. Maridaxe: Brocheta de pavo en adubo con guarnición de tomate. Graos: 13,5% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 16º

Do outro lado do océano Atlántico chegou Nicolás cunhas botellas de viño. Agasállanos con Quara Syrah 2010, un caldo arxentino de Finca Quara, situada no val de Cafayate, na provincia de Salta e propiedade da familia Lavaque na súa quinta xeración.

Os viñedos desta adega están situados entre os 1.700 e os 1.900 metros de altitude, unha peculiaridade que lle confire á uva un plus de calidade debido á gran variación térmica que se produce do día á noite. O traballo da viticultura de precisión e a paciencia para saber agardar o momento óptimo da vendima parecen ser os segredos para lograr un froito de alta calidade.

Cata
A súa cor é vermella rubí con ribete violáceo e interesante bágoa. En nariz preséntase intenso, con aromas froiteiros ao principio que recordan a frambuesa e moura con toques especiados. No fondo aparece un toque vexetal. En boca é fresco, goloso e froiteiro, con taninos doces, suaves e redondos, coa acidez moi ben integrada.

Comentarios