Quinta de Alcube

vinoAlcuba.JPG
photo_camera vinoAlcuba.JPG

Zona: Viño rexional península de Setúbal. Colleita: 2008. Maridaxe: Entrecot de boi con risotto de cogomelos. Graos: 15% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 16-18º

Síntome afagado co curioso agasallo co que nos obsequiou o meu bo amigo Emilio Villadonga Dosal. A súa proposta é Quinta de Alcube Trincadeira-Syrah 2008, un viño do país veciño con bastantes peculiaridades.A adega Quinta de Alcube está situada en Azeitãou, en pleno parque natural da Arrábida, na península de Setúbal. Nas 50 hectáreas de viñedo que posúe esta adega cultívanse en produción integrada as variedades castelãou, trincadeira, cabernet sauvignon, syrah, aragonês, alicante bouchet, fernãou pires e moscatel de Setúbal. Con todo, o máis curioso é que para gozar deste viño hai que ir buscalo á adega, xa que só se vende aí.

Cata
Presenta unha cor vermella rubí moi concentrada, con impresionante bágoa. O seu nariz é intensa, marcado polos froitos negros maduros e por unha leve sensación química sobre un fondo especiado. En boca é moi equilibrado, especialmente goloso, un viño con corpo onde se segue percibindo a froita aínda despois do seu paso por barrica, con taninos redondos, revela notas florais e vexetais. Postgusto agradablemente persistente.

Comentarios