Quintana inaugurará a III Feira do Viño de Monterrei

C:UsersippPicturesGALGASVIÑOINT_PAISAJE_MONTERREI.jpg
photo_camera C:UsersippPicturesGALGASVIÑOINT_PAISAJE_MONTERREI.jpg

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, xunto co Concello de Verín, ultiman os preparativos da III Feira do Viño de Monterrei, que se celebrará os próximos días 9 e 10 de Agosto na Praza Maior desta localidade, contando coa colaboración dos distintos concellos da comarca, a Deputación Provincial de Ourense e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento (INORDE).

A Feira contará na súa inauguración coa presenza do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e do conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, que estarán acompañados polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán e o Presidente do Consello Regulador do D.O. Monterrei, Antonio Ángel Méndez Atanes.

O Consello Regulador elixiu como pregoeiro da Feira ao escritor Xosé Carlos Caneiro.

Catorce adegas
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, quen visite este evento poderá degustar os viños das catorce adegas participantes; para iso o Consello Regulador estableceu os seguintes prezos: por 4 euros o público terá dereito a catar 5 viños e por 6 euros poderá adquirir unha botella. O prezo do cataviños conmemorativo será de 2 euros.

O horario durante o cal se poderá gozar dos viños de Monterrei será de once da mañá a dúas da tarde e de sete da tarde a once da noite.

Comentarios