viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Os raios de sol regresan a Galicia este venres

As temperaturas descenderán entre moderada e notablemente

Este venres recuperaremos o dominio anticiclónico, localizándose as altas presións ao norte da península Ibérica. Con isto, comezaremos o día con néboas e nubes baixas que co avance da mañá irán retrocedendo e pola tarde os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados.

As temperaturas descenderán entre moderada e notablemente, con xeadas no interior. Os ventos soprarán frouxos, comezando o día de compoñente norte e acabando de compoñente sur.

Meteogalicia

Os raios de sol regresan a Galicia este venres
Comentarios