Valdeorras anima a vendima con senllos concursos de fotografía e pratos con viño

vendimiavalde1.jpg
photo_camera vendimiavalde1.jpg

Tras un inicio de vendima acompañado por unha leve choiva en Valdeorras , a actividade continuará nos próximos días, máis asollados, e será un bo motivo para que afeccionados á fotografía percorran pistas e viñedos para obter imaxes dos distintos labores que supoñen a curta de acios e o posterior traslado a algunha das 40 adegas da comarca.

Os traballos para o concurso, cuxo prazo terminará o día 22 de setembro, poden realizarse con calquera tipo de técnica e composición, os participantes deben presentar entre 1 e 20 imaxes cada un e haberá unha selección dos mellores.

Os premios animan a formar grupos de amigos para fotografar a comarca e participar no concurso, pois entre os premios, dous son sendas ceas para seis persoas no restaurante Casa Galaica e Fernando III, ambos no Barco de Valdeorras.

Outro dos premios será un fin de semana no hotel Paladium para dúas persoas e será para as mellores fotografías sobre o mundo do viño de Valdeorras.

Descanso nun  pazo a cambio de enviar receitas de toda a vida

O turismo fotográfico sumarase estes días á gastronomía con viño pois outro dos concursos ten como finalidade reunir receitas de pratos tradicionais, caseiros ou, pola contra, innovadores e orixinais, pero sempre elaborados con viño de Valdeorras.

Os participantes neste concurso deben enviar a receta, o número de comensais que corresponde as medidas dos ingredentes, os datos personais e teléfono de contacto e a variedade de viño de Valdeorras utilizado.

Entre os recibidos ata o momento, hai receitas sinxelas como as tradicionais "peras ao viño" ou "mexillóns ao vapor de godello" ou máis elaboradas como "ossobuco ao meu xeito","mousse de pera", "calabacines recheos de carne con godello".

Os viños tintos de Valdeorras tamén forman parte xa de receitas presentadas para elaborar, por exemplo, "tournedó ao mencía" ou mesturados como nos "chipirones na súa tinta con branco e mencía", presentada con medidas e cantidades para oito comensais.

Os interesados na temática culinaria poderán enviar as súas receitas ao mesmo correo electrónico que os afeccionados á fotografía e, si son perfeccionistas, poden acompañar a explicación do prato con una foto do seu aspecto final.

O premio neste caso será unha estancia dun fin de semana para dúas persoas no Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras.

Comentarios