Ribeira Sacra, a polo mercado norteamericano

Viñedos de la Ribeira Sacra (Foto: C.R.D.O. Ribeira Sacra)
photo_camera Viñedos de la Ribeira Sacra (Foto: C.R.D.O. Ribeira Sacra)

Eric Salomon Selections é a segunda empresa de distribución de marcas españolas en Estados Unidos. A compañía está especializada en pequenos produtores de alta calidade, e neste apartado entran os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Un catador que traballa co importador Eric Salomon acudirá o próximo día 29 de xullo a catar caldos da Ribeira Sacra. A cita será no Parador de Turismo de Monforte de Lemos, coas mostras que os interesados depositen na sede do Consello Regulador antes do día 28.

Esta será a primeira vez que a empresa importadora acuda oficialmente á D.O. Ribeira Sacra. As outras denominacións galegas xa recibiron este tipo de visitas e, de feito, Eric Salomon representa xa a varios caldos da Comunidade.

Moito potencial
Nesta ocasión, segundo informan desde o D.O. Ribeira Sacra, a visita a esta zona de produción realízase “porque cren que esta Denominación ten moito potencial para tintos mencía”. Engaden que entre os expertos “espertou especial interese o mencía de barrica”.

Tras esta cata será a propia empresa norteamericana a que se poña en contacto cos titulares dos viños que se decidan, para negociar os acordos de distribución en Estados Unidos.

Segundo Ribeira Sacra, “incorporar marcas desta D.O. ao catálogo de Eric Salomon será un novo impulso para os caldos da zona no mercado internacional, logo da boa valoración feita por Robert Parker e o triunfo que algúns destes viños están a colleitar no exterior”.

Comentarios