Romaría do Naseiro ou Romaxe do Bo Xantar, en Viveiro

 O próximo fin de semana, o municipio lucense de Viveiro acollerá a súa tradicional Romaría do Naseiro, tamén coñecida como Romaxe do Bo Xantar.

O venres 26 comezarán, así, os actos, co Día do Polbo. Nesta xornada todos os que se acheguen aos postos do evento gastronómico poderán degustar deste produto na súa forma máis tradicional, á galega.

De sábado a martes, as xornadas festivas seguirán unha pauta parecida: comezando ao mediodía cunha misa solemne, seguida dunha procesión e a sesión vermú, chegarán dous conxuntos por noite para amenizar todas as veladas do fin de semana, que desta forma alárgase ata o martes.

Comentarios