Rosquillas reais

Rosquillas Reales, de Susana Ares
photo_camera Rosquillas Reales, de Susana Ares



Ingredientes
:
650 grs. de fariña
100grs. de manteiga
200ml. de leite
4 ovos
15grs. de fermento de panadería
60 grs. de azucre
Un chisco de sal
Azucre glass para adornar

Modo de facelas:
Disolvemos o fermento con dous cucharadas de leite morno. Batemos os ovos co azucre, podemos utilizar un azucre aromatizado de violeta, ou simplemente aromatizarlo con ralladura de cítricos, laranxa, mandarina, clementina, limón e lima.

Nun cuenco tamizamos a fariña e o sal, no centro envorcaremos o leite co fermento disolto. Agregamos os ovos batidos e o resto do leite, formamos unha masa elástica e maleable.

Cubrímola cun pano húmido e deixámola repousar ata que dobre o seu tamaño (hora e media). Volvemos a amasar a pasta engadindo a manteiga reblandecida. Cando a masa este brillante e elástica volvemos cubrir cun pano deixándoa repousar no frigorífico durante polo menos 4 horas.

Pasado o tempo estenderemos a pasta sobre a mesa enharinada e formamos as rosquillas cunhas curta pastas.

Deixaremos repousar novamente durante 30 minutos.

Fritirémolas en abundante aceite quente, as escurriremos e espolvorearemos de azucre glass.

Pódense bañar con chocolate, con almíbar lixeiro, con améndoas tostadas...

Autora: Susana Ares Rosende

Natural de Santiago, aínda que residente en Monforte, foi xefa de cociña do restaurante “La Cocina” desta localidade luguesa. Estudou na escola de hosteleria e turismo Belarmino Fernández Iglesias e acumula unha importante experiencia como responsable de cociña en banquetes e celebracións de distintos establecementos galegos.

Comentarios