Rueda defende a xestión de Mosquera e critica a política da oposición

O vicepresidente, que aínda non falou con Feijóo sobre o seu futuro, di que a conselleira de Sanidade conta do respaldo do Goberno

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, ten o apoio do presidente Alberto Núñez Feijoo e de todo o goberno da Xunta. O vicepresidente e secretario xeral do PP galego, Alfonso Rueda,  aseguronu hoxe en declaracións á Cadena Ser onde non só defendeu o traballo de Mosquera, que cualifica de "moi difícil",  senón que sostivo que a conselleira está "a corrixir erros".

Alfonso Rueda tamén se dirixiu á oposición que critica de desempeñar "mala política". "Case sempre piden a dimisión de Rocío Mosquera os mesmos e polas mesmas razóns. A conselleira de Sanidade está a facer un traballo moi difícil", sostivo.


FEIJOO, CANDIDATO Á XUNTA. O número dous do Goberno galego e do PP nesta Comunidade afirmou, ademais, que para el "non hai mellor candidato que Feijóo" ás eleccións autonómicas do próximo ano, aínda que a decisión a tomará el mesmo e haberá un congreso "en marzo ou abril".

Sobre o seu propio futuro, afirmou que o falará con Núñez Feijóo.

"Quedan moitos meses, Feijóo confiou en min fai 10 anos. Falarei con el e tomaremos unha decisión. Se Feijóo aínda non anunciou a súa decisión, comprenderá que tampouco o fagamos os demais", resolveu.

O vicepresidente galego desligou dos procesos electorais ao anuncio de devolver aos funcionarios o próximo ano  que falta da extra que lles retirou o Goberno de Rajoy en 2012.

Comentarios