Sábado sen grandes cambios no meteorolóxico

Galicia estará este sábado nunha situación intermedia entre un anticiclón situado sobre Noruega e un centro de baixas presións no oeste de Portugal que achegará nubes de tipo alto. 

Así, espérase unha xornada de ceos con nubes altas e con intervalos de nubes baixas no sur da provincia de Ourense. 

As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará o sueste, moderados con refachos fortes nas zonas altas. 

Comentarios