O fin de semana empeza cun ceo con intervalos nubrados no litoral atlántico e pouco nubrado no resto, con aumento de madrugada a ceo cuberto, excepto no extremo nordés, onde predominarán os intervalos de nubes medias e altas.
Haberá choivas e chuvascos no suroeste, que serán máis frecuentes e intensos durante a segunda metade do día, cando poden ir acompañados de tormentas.
No resto de Gailcia produciranse choivas débiles e dispersas, que serán menos probables canto máis ao nordés da comunidade autónoma. Haberá tamén brumas e algún banco de néboa matinal nos vales do sueste.
As temperaturas mínimas apenas sufrirán cambios ou ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas estarán en descenso no suroeste e sen cambios ou en lixeiro descenso no resto.
O vento será de compoñente sur, frouxo ao principio no interior e máis intenso no litoral, con intervalos fortes entre Fisterra e Ortegal, que aumentará a partir do mediodía no terzo norte con refachos moi fortes.
Lugo 7 16
A Coruña 15 20
Vigo 14 19
Ferrol 13 19
Santiago 11 16
Ourense 10 18