Sábado de nubes, néboa, algúns claros e incluso choivas

As altas presións continuarán entrando en Galicia desde as illas Azores, pero unha fronte cálida que chega desde o norte achegará humidade, de forma que os ceos estarán máis cubertos cara ao norte, sen descartarse cara á tarde algún chuvasco illado e ocasional. 

Así o recolle a predición meteorolóxica de Meteogalicia, que anuncia que se poderían producir bancos de néboa matinais en zonas do interior. En canto ás temperaturas, as mínimas descenderán, particularmente no interior, mentres que as máximas estarán sen cambios. 

Desta forma, entre as principais cidades galegas, as temperaturas máximas alcanzaranse en Ourense, con 29 graos, aínda que non superarán os 21 graos na Coruña e Lugo. En canto ás mínimas, oscilarán entre os 13 graos de Lugo e os 16 de Ourense ou Vigo. Os ventos serán frouxos, de compoñente norte en xeral. 

Comentarios