lunes. 06.04.2020 |
El tiempo
lunes. 06.04.2020
El tiempo

Sábado de transición no tempo en Galicia

As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas máximas

O sábado será unha xornada de transición entre unha primeira fronte que pasará de madrugada, deixando aínda algúns orballos no leste nas primeiras horas, e unha segunda fronte que chegará á noite.

Mentres, durante o día os ceos estarán parcialmente cubertos con nubes medias e altas. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas máximas.

Os ventos soprarán frouxos do oeste, aumentando de intensidade e virando a sudoeste ao final da xornada.

Meteogalicia

Sábado de transición no tempo en Galicia
Comentarios