Sabatelius 2009

VINO(10.2011) Sabatelius 2009.JPG
photo_camera VINO(10.2011) Sabatelius 2009.JPG

Zona: DO Ribeira Sacra. Colleita: 2009. Maridaxe: Polbo emparrillado sobre leito de patacas e grelos. Graos: 12,5% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 14-16º

Trasládome este fin de semana a Chantada, onde presenciarei o inicio das feiras do viño de Ribeira Sacra. Éste é o lugar de partida para percorrer todas as feiras da denominación, ás que quedan aínda outras paradas, como son Sober, Quiroga, Belesar, Vilachá de Salvadur, Pantón e a Ribeira Sacra ourensá.

É unha estupenda ocasión para poder degustar os caldos desta subzona. A oferta é ampla e presentaranse viños brancos elaborados maioritariamente con godello, pero tamén con treixadura ou albariño, e viños tintos a partir de mencía, brancellao e tempranillo, con ou sen crianza en madeira.

Como mostra para a cata de hoxe escollín un Sabatelius 2009, un monovarietal 100% mencía.

Cata
Nesta preséntase intenso, de cor vermella con ribete violáceo con capa media alta. Expresivo en nariz, franco, complexo, con aromas de froita, framboesas e grosellas negras sobre notas de regaliz e tinguiduras de mineralidad.

Comentarios