Sabatelius 2010

VINOsABATELIUSLRE0810P8F3.JPG
photo_camera VINOsABATELIUSLRE0810P8F3.JPG

Zona: D.O. Ribeira Sacra. Colleita: 2010. Maridaxe: Filetes de croca de tenreira galega con salsa de níscalos e mostaza. Graos: 12,5% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 12-14º

Logo de tanto esperar, desde a poda á vendima hoxe cesarán xa os cantos das tesoiras cortando acios. Haberá que esperar un ano máis, pendentes do ceo e da xornada de labores e festa na que moitos gozan do traballo en equipo coa espera de gastronómicas recompensas. Acábanse as vendimas na Ribeira Sacra e a mestura de suor e mosto pégase ás mans temendo a despedida, últimos foguetes e aturuxos resoan no eco do río, mentres coches e tractores abandonan as ribeiras cargados de uvas. O protagonismo pasa agora á adega. Hai que deixar a adegueiros e enólogos da zona na toma de decisións para deleiten ao público cos seus viños.

CATA

Mostra unha boa capa de cor vermella picota con escintileos violáceos. En nariz aprécianse matices froiteiros, bagas maduras, arandos e regaliz sobre recordos de mineral. En boca prima a súa redondez cunha acidez xusta, maduros taninos, aterciopelado paso e atractiva persistencia.

Comentarios