Ourense presenta os seus 'Sabores' na FITUR'09

guia_dentro1.jpg
photo_camera guia_dentro1.jpg

A Unión de Hostaleiros de Ourense quixo chegar este ano á Feira Internacional de Turismo (FITUR) cunha carta de presentación inmellorable: a nova guía gastronómica 'Sabores de Ourense', que recolle a oferta culinaria da provinciam representada a través de 27 restaurantes, a maioría da área metropolitana de Ourense.

Con esta publicación, os hostaleiros da cidade das Burgas pretenden dotarse dun soporte para expor a súa oferta, do que carecían ata o momento. Así, nun pequeno libro de peto de 64 páxinas, resumo o seu catálogo gastronómico, un dos elementos de maior valor engadido e diferencial no mercado turístico de Ourense.

Oportunidade turística
'Sabores de Ourense' será presentada este mércores día 28 en FITUR'09, aproveitando a presenza na feira de distintos operadores do mercado turístico, incluíndo as axencias de organización de congresos e convencións.

Cun formato sinxelo que permite unha rápida visualización, os datos de cada establecemento recóllense nunha ficha técnica que contén unha breve referencia  aos aspectos máis destacados do restaurante, os seus datos básicos, os menús tipo ofertados e os servizos complementarios que ofrece.

A iniciativa contou coa colaboración da Concellaría de Comercio e Turismo da cidade de Ourense a través do Plan de Dinamización Turística de Ourense así como co patrocinio publicitario de varios provedores deste subsector hostaleiro, e terá unha tirada inicial de 5.000 exemplares.

Comentarios