Salvaterra 'de Viño'

Cartel de la edición de 2008 (Galicia Gastronómica)
photo_camera Cartel de la edición de 2008 (Galicia Gastronómica)

O concello pontevedrés de Salvaterra de Miño enxalza os seus viños da Denominación de Orixe Rías Baixas desde hoxe ata o vindeiro domingo 31 de agosto.

Serán tres días de exposicións sobre o viño e a súa elaboración artesanal, catas e premios aos mellores caldos do ano.

Ademais, haberá degustación gratuíta de viño branco e venda de viño das adegas da zona. A actuación estelar da festa será a do grupo folk Brath, hoxe venres a partir das once da noite.

Medio século
En 2009 cumprirase medio século de existencia desta Festa, que ten un extenso programa de actos, con exposicións, catas, conferencias e outras actividades relacionadas co viño desta comarca do Condado.

A organización pon á venda tickets para o consumo do viño, así como para a comida (sardiñas asadas, empanadas, lamprea seca,...).

Comentarios