Santa María de la Piscina. Reserva

vinoLRE1211P8F3.JPG
photo_camera vinoLRE1211P8F3.JPG

Zona: D.O. Rioxa. Colleita: 1998. Maridaxe: Lombo de cervo grillado en salsa de arandos. Graos: 13% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 18º

Sempre hai algún bo motivo para brindar cun gran viño. As escusas son variadas, desde a exaltación da amizade ata para festexar casuais e esperados encontros. Esta vez tócalle a un clásico, un gran reserva de Rioja. Os antecedentes da familia Ramírez de la Piscina remóntanse ao século XI. Esta tradicional adega conta con 17 hectáreas de viñedos propios. Para o brinde haberá que escoller o maior dos viños da adega, Santa María de la Piscina Gran Reserva 1998, un tinto clásico elaborado con uva 100% tempranillo seleccionada a man.

CATA

Presenta unha cor vermella tella cun ribete amarelo, que lle dá un toque de envellecemento. En boca móstrase como un viño ben estruturado, equilibrado, con taninos sedosos e toques de vainilla e cacao.

Comentarios