Segue a inestabilidade, con chuvascos ocasionalmente tormentosos

Este venres Galicia quedará de novo con aire frío nas capas altas da atmosfera, polo que a situación meteorolóxica será de moita inestabilidade. Así, o ceo estará parcialmente cuberto con chuvascos ocasionalmente de carácter tormentoso. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo, de compoñente oeste en xeral. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso mentres que as máximas seguirán sen cambios ou con lixeiros ascensos. 

Deste xeito, as temperaturas máximas subirán ata os 20 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán ata os nove graos en Lugo. 

Comentarios