Seis galegos loitan por ser concursantes oficiais de 'Gran Hermano'

Unhas 100 persoas xa comparten a casa de Guadalix desde este domingo nunha nova volta de porca do reality
Jorge Javier Vázquez
photo_camera Jorge Javier Vázquez

É un dos concursos estrela da cadea dirixida por Paolo Vasile e ao bordo de cumprir unha década de vida volve reciclar o formato para sorprender aos espectadores. Gran Hermano Revolution, como foi rebautizado, apostou pola sorpresa para convencer a unha audiencia cada vez máis esixente e desencantada tras a marcha de Mercedes Milá. 

Este martes terá lugar a primeira gala, aínda que o seu actual condutor, Jorge Javier Vázquez, xa adiantou este luns algunhas das novidades da 18ª edición. Recoñeceu que o bulo que circulaba como a pólvora polas redes sociais era certo e que, efectivamente, un centenar de persoas xa estaban instaladas na casa da serra madrileña desde o domingo, e fóra de cámaras, para loitar por unha das 16 prazas de concursante oficial. No programa desta noite serán os propios protagonistas os que decidirán cal deles será o primeiro dos aspirantes que asegura a súa permanencia en Gran Hermano para facerse co tan estrañado maletín.

Entre estes cen ilusionados preseleccionados atópanse seis galegos: Dimas Blanco de Viveiro, Manuel Carbón da Estrada, Rubén Valle de Vigo, Miriam Santiago de Ribeira, e Cristian García e Christian López, ambos os dosus amigos e da Coruña.

Dimas Blanco (Viveiro)
"A min encantaríame ser unha diva, por iso quero entrar en Gran Hermano". Así de claro ten o seu propósito este mozo de 21 anos, de Viveiro, e que actualmente traballa nunha conserveira. Dimas defínese como cabezón, impaciente, cotilla e un tanto tramposo e tamén como 'Afrodiva', o nome que utiliza cando lle apetece vestirse de muller, "róubolle a faixa á miña nai" e fai os seus espectáculos. É amante da maquillaxe e de Madonna, a súa gran fonte de inspiración.

Manuel Carbón (A Estrada)
Ten 22 anos, é da Estrada e oposita para mestre de educación primaria. Defínese como unha persoa "peculiar, unha combinación de moitas persoíñas diferentes". Afeccionado aos videoxogos e ao cine considérase un "friki total". Persegue o premio de GH para poder dedicarse ao seu verdade paixón: a maxia. Cre que a entrada no concurso "é unha forma de coñecerse a ti mesmo".

Rubén Vale (Vigo)
Este técnico superior en automatismos e robótica industrial tense como un mozo "botado para adiante" e un tanto tontorrón. Aos seus 21 anos recoñece que o seu pais llo deron todo e coa súa ansiada entrada no reality de Telecinco pregúntase por quen "me fai a cama polas mañás". Di ser moi fachendoso, cunha primeira imaxe de chulo e ter moito éxito coas mozas pero "non consigo abrirme a elas".

Miriam Santiago (Ribeira)
"Son unha persoa súper competitiva, cústame moito asumir que non me toca gañar", di esta moza de 21 anos de Ribeira. Unha das súas maiores paixóns son as artes marciais, chegando a ser campioa mundial ao gañar o ouro de Sicilia en 2010. Recoñece ser unha moza fachendosa, moi consentida e á que lle encanta "ser o centro de atención". Defende a súa entrada na casa de Guadalix pola combinación de inocencia e carácter.

Cristian García (A Coruña)
"Son unha persoa empática, gústame axudar pero que non me axuden a min", afirma este coruñés de 29 anos no seu vídeo de presentación. Considera que non hai ninguén 100% nobre "todo o mundo ten un punto no que decaer". Apaixonado pola música e a lectura actualmente gáñase a vida de carteiro. O seu amigo Cristian foi o motivo que o levou a presentarse a Gran Hermano, unha relación moi importante, "un amigo de verdade".

Christian López (Lorbé)
Defínese como un mozo sincero, analítico, calculador e coas cousas moi claras para a súa idade, 24 anos. É de Lorbé, A Coruña, e dedícase ao mundo da tatuaxe. Profesión que compaxina co seu grupo de metal no que é o cantante. Espera poder ser un dos 16 dos concursantes desta edición xunto ao seu amigo Cristian, un equipo ao que autodemoniman C².

Comentarios