Seis xornalistas americanos visitan o D. O. Rías Baixas

Seis xornalistas americanos visitarán durante esta semana o D.O. Rías Baixas para profundar os seus coñecementos sobre os nosos viños. Durante a viaxe, os profesionais visitarán diferentes adegas e viñedos da denominación, e profundarán coñecementos sobre a gastronomía galega. A actividade está enmarcada dentro da campaña de promoción en Estados Unidos, que este Consello Regulador desenvolve, por quinto ano consecutivo, conxuntamente co ICEX e o IGAPE.

Xornalistas

Este grupo de expertos está especializado no mundo do viño e colabora con diferentes publicacións, tamén algúns en webs e blogues, así como en programas de televisión e radio. Ademais deste perfil profesional, tamén destaca a participación dalgún deles en conferencias e cursos, así como de xurado dalgún certame ou, incluso, como autores de guías e de libros.

Quinto ano

Esta campaña de promoción en Estados Unidos ten un orzamento anual de 750.000 $. Na actualidade, Estados Unidos é o principal mercado desta Denominación de Orixe, concentrando o 52% das exportacións.

As representantes da axencia Cornerstone, Marsha Palanci e Beth Cotenoff, encargada de devandita campaña no mercado americano, presentaron no Pazo de Mugartegui en marzo as diferentes accións promocionais ás 15 adegas que participan na campaña de USA este ano. Ademais das viaxes de prensa, que como novidade incorporan este ano unha viaxe de profesionais da industria; destacan os eventos con somelieres, as rutas de tapas para presciptores, un seminario e comida coa prensa, que estará dirixido por líderes de opinión. Dentro das actividades previstas para este ano atópanse os Great Match  en Chicago, Nova York e Houston, un evento tradicional de Viños de España en Estados Unidos con 10 anos de historia que se celebrarán en diferentes cidades e que conta cunha media de asistencia de 1.000 persoas. Ademais as responsables da axencia americana destacaron a presenza de Rías Baixas no seminario que o Instituto Culinairo de América celebra durante tres días e que está considerado o evento máis importantes do sector en Estados Unidos. Nesta liña os viños de Rías Baixas participarán nos Premios James Beard, considerados os Oscars da gastronomía en Estados Unidos, e tamén asistirán a un Festival de Viño e Comida en Arizona.  José Guerra, da oficina comercial de Nova York, explicou que ''pretendemos chegar a novos mercados como Chicago sen descoidar aqueles en os que temos presenza. Para iso organizaremos diferentes eventos con catadores  como o de Los Ángeles e Chicago''.

Comentarios