Soben as temperaturas

Este martes Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Polo tanto, espérase un día con nubes e néboas ao principio da xornada que irán a menos ata quedar nunha tarde de ceo moi aberto en xeral. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente sur. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un ascenso, máis significativo nas máximas.

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán ata os 17 graos en Vigo e Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán ata catro graos en Lugo e Ourense. 

Comentarios