O sol lucirá en toda Galicia

Galicia continuará este mércores baixo a influencia das altas presións, con ventos do nordés que deixarán ceos despexados nunha xornada na que os termómetros non experimentarán cambios. 

Así, segundo a predición de Meteogalicia, o sol brillará en gran parte de Galicia durante este mércores, día no que se producirán algún intervalo de nubes baixas no norte de Lugo e A Coruña. 

As temperaturas continuarán a tendencia das últimas xornadas, con mínimas de 3 e 4 graos nas cidades de Lugo e Ourense, respectivamente, e máximas de ata 21 en Pontevedra ou Vigo. O vento soprará frouxo de compoñente nordés e irá aumentando a súa intensidade a medida en que avance no día. 

Comentarios