Solombo de tenreira con viandas das rías

Ingredientes:

    1/2 kg de solombo de tenreira nunha peza e sen graxa
    un chorro de aceite
    un chorro de viño tinto
    2 cucharadas de salsa de soia
    1 dente de allo
    pementa negra
    sal
    4 vieiras
    1 cebola
    aceite
    2 patacas


 
Preparación:

1. Nun recipiente colocamos o solombo espolvoreado de pementa negra e engadímoslle o viño, a salsa de soia, o aceite, o allo picado moi fino e o sal e deixamos en maceración como unhas 5 horas, mollándoo de vez en cando coa salsa.

2. Prequentamos o forno entre 190 ºC – 200 ºC.

3. Pomos o solombo escurrido encima da reixa do forno e debaixo da reixa a fonte de asar.

4. Asamos a carne ata que se faga, regándoa varias veces coa salsa de macerar.

5. Mentres imos limpando e lavando as vieiras quitándolle os barbos que teñen ao seu ao redor, desprendémolas da súa cuncha e se son grandes cortámolas pola metade ao longo, se son pequenas deixámolas enteiras, salgámolas un pouquiño e reservamos.

6. Cortamos en fina xuliana a cebola e procedemos a cocela en tixola con aceite a lume moi lento con sal e tapada, déixase que se faga ben sen que se doure (15-20 min.). Reservamos quente.

7. Cortamos ou rallamos as patacas en palla (en tiras moi finas). Fritímolas na tixola con aceite moi quente.

Comentarios