Temperaturas en descenso

Galicia permanecerá o martes nunha situación intermedia entre un anticiclón situado en Centro Europa e as baixas presións situadas entre Islandia e Escocia, cun réxime de ventos de compoñente oeste que achegarán moita humidade, especialmente á franxa atlántica. 

Polo tanto, os ceos estarán parcialmente cubertos, con nubes máis compactas na metade oeste con algunhas choivas febles, quedando os ceos máis despexados na metade este. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará frouxo, de compoñente oeste. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. 

Así, por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 30 graos de Ourense e os 21 da Coruña, mentres que as mínimas estarán entre os 14 graos de Lugo e os 18 graos da Coruña. 

Comentarios