Temperaturas en descenso

Galicia estará o xoves nunha situación de pantano barométrico, polo que se espera un día de ceos despexados en todo o territorio, con entrada de nubes altas co avance da xornada. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento estará practicamente en calma. As temperaturas, pola súa banda, sufrirán un lixeiro descenso. 

En concreto, por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 26 graos de Pontevedra, Ourense e Vigo e os 21 de Lugo, mentres que as mínimas estarán entre os nove graos de Lugo e Ourense e os 14 de Vigo. 

Comentarios