Este xoves Galicia permanecerá na influencia das altas presións, mantendo unha circulación de ventos do nordés. Con esta situación, amencerá con intervalos de nubes baixas no terzo norte e bancos de néboa en comarcas do interior para quedar a partir do mediodía con ceo pouco anubrado ou despexado en xeral.
Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral.
Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un descenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Así, as máximas subirán até os 26 graos en Ourense, mentres que as mínimas descenderán até o catro graos en Lugo.