Tropezós de tradición e ciencia nas marmeladas

Antía y Mariña Pose y Yolanda García
photo_camera Antía y Mariña Pose y Yolanda García

 A investigadora Yolanda García e as irmás Antía e Mariña Pouse levan anos na universidade de Santiago con diferentes proxectos como o de Antía sobre novas tecnoloxías no grupo de Carlos Ferrás, ou a tese doutoral de Mariña sobre xénero e novas tecnoloxías ou a de Yolanda sore turismo e sociedade da información.

"Granxa Familiar" nace na universidade

Cada unha delas ten unha experiencia de polo menos 9 anos en investigacións tamén relacionadas, dun modo ou outro, co medio rural galego pois fixeron estudos socioeconómicos sobre cooperativismo lácteo que lle levaron a indagar e coñecer a realidade das producións familiares, o seu nivel de autoconsumo  e as posibilidades de venda dos excedentes.

Nun acto de presentación pública do colectivo, desenvolvido na facultade de Historia de Santiago, o diretor de "granxafamiliar.com" Carlos Ferrás Sexto, explicou a medio centenar de asistentes que estudos económicos de hai cinco anos descubriron a existencia dunhas rendas familiares que poderían chegar aos 16.000 euros por persoa en produtos destinados ao autoconsumo pero dispoñibles tamén para entrar no mercado.

"Temos aí unha gran oportunidade económica con niño de mercado propio pois a pesar de estar desatendido, segue existindo por canles informais", agregou.

Minifundio para autoconsumo é patrimonio cultural galego


Ferrás comparou o sistema de produción familiar galego, aínda en vigor, co irlandés, practicamente desaparecido hai anos en favor de producións industriais a base de introducir na alimentación do gando, produtos máis rendibles pero con repercusións na saúde humana e do medio ambiente.

"En Irlanda esnaquizouse o sistema de policultivos pero o gran revés das vacas tolas levoulles a reformularse de novo o sistema tradicional e isto en Galicia vai por diante, pois mantemos un patrimonio de pequenas producións familiares que son unha gran oportunidade para obter rendas no rural",explicou.

Nese sentido, "Granxa Familiar" naceu como un sistema de xestión de información que permite comercializar produtos obtidos da agricultura e gandería familiar.

Funciona como tenda de internet, xa que logo aberta durante 24 horas e a todo o mundo, como canle extraordinaria de comunicación entre o mundo rural e o urbano e como oportunidade para que os mozos do rural que non queren saber nada das explotacións familiares, véxanas como posibilidade económica digna fronte a traballos de mileuristas asalariados fóra do seu ámbito.

 Produtos de aldeas galegas chegan a cidades de toda España

  Logo duns comezos de continua investigación, según Ferrás, conqueríronse acordos con empresas de loxística que hoxe fan posible o transporte dende unha aldea de Bergantiños até La Moraleja en Madrid, de 20 kilogramos de produtos a 5,30 euros polo que o precio final permite unha "execelente" relación calidade/precio y conta con consumidores que valoran a sua extraordinaria frescura, aspecto, sabor y custe.

Con este proxecto, iniciado con experiencias piloto en Brión e Antas de Ulla xa hai familias que organizan a súa horta para producir con calidade, no en cantidade, os produtos de cada tempada que precisan restaurantes da sua ontorna ou un concreto que lles é cliente, co que nace o concepto de "comercio de proximidade".

Esta forma de traballo fracasóu cando se intentóu establecer relación cos supermercados, pois precisan regularidade e producción de alimentos fora da sua tempada pero é  imposible, por ejemplo, ter tomates de calidade todo o ano.

Estase creando así un vencello entre productores socios de "granxafamiliar" e consumidores responsables, ca intermediación da universidade que ademáis de aportar a plataforma tecnolóxica, se encarga agora de facer o seguimento de socios e contactos.

Producción e venda pero tamén pedagoxía

  A páxina de venta "online" recibe neste momento 3000 visitas ó mes das que o 10 por cento son de persoas que mercan algún produto.

Os listados de consumidores incluen a persoas e pequenos colectivos de toda España, Galicia er Portugal e incluso de Holanda de onde mercan "fabas de Lourenzá" e de Bós Aires para mercar información sobre o mel..

Ademáis, ser socio implica participar en programas didácticos para recibir a escolares nuna explotación de "granxafamiliar",onde se van grabando unidades didácticas que logo se poñen a disposición dos "granxeiros" en forma de DVD para que poidan vendelos ós interesados.

Agora a primeira empresa con marca "granxafamiliar"

A veintena de socios que xa teñen a marca rexistrada como "granxafamiliar" e todos os interesados no futuro forman parte da Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar (Adaf), entidade sen ánimo de lucro depositaria da marca e impulsora agora da primeira empresa do colectivo, que se adicará a elaborar conservas cos produtos dos socios e a sua  distribución en tendas especializadas e restaurantes.

De investigadoras a emprendedoras e cocinillas

Antía, Mariña e Yolanda, de edades entre 23 y 43 años, decidironse a dar o paso da ciencia ó emprendemento e poñer en práctica lo que están comprobando na teoría dende fai varios anos, co seu traballo universitario sempre vinculado o proxeto "granxafamiliar".

"Estamos convencidas, e así o demostraremos, de que o rural é unha gran oportunidade para os xóvenes e que o traballo convencional, sexa na universidade ou en setores como o comercial, está cada vez máis complicado polo que hai que voltar ó rural e activalo", engadíu Yolanda.

Para comezar, marmeladas e salsa de tomate

Nun espacio cedido por la empresa "Caurelor" de Quiroga (Lugo), as tres investigadoras-empresarias puseronse maos á obra despois de perorres durante máis de 3 meses, países como Portugal, Irlanda o Inglaterra, catando marmeladas para averiguar cómo deben facerse para triunfar, aínda que non atoparon ninguha con froitas enteiras como as que elaboran elas.

"Fallamos co restaurador Iago Castrillón e propuxeoslle a elaboración de prototipos de marmeladas que fosen líquida, como as de antes, e non espesas e que non tivesen froitas esmagadas senon enteiras, e preparounos más de 20 probas de catro sabores diferentes" explicou Antía.

Da cata final sairon seleccionadas as marmeladas que logo elas mesmas elaboraron en Quiroga, e cuentan cunha produción inicial de 400 botes cos sabores de frambosa, grosella negra, outra de frambosa-moura-fiuncho e unha confitura de fresón. En todas elas o 70 por ciento é froita e o resto zucre moreno (de cana).

Outros 200 botes serán de salsa de tomate elaborada po las tres emprendedoras seguindo tamén unha receita de Iago con sofrito de cebola e pemento verde e roxo, allo, aceite, tomate, urogo, tomillo e albahaca pero sin apenas sal nen zucre polo que será apta para hipertensos e diabéticos.

Os plans de futuro son elaborar outras conservas vexetais e, se así o queren os novos socios, contribuir na distribución de produtores de viños ecolóxicos "mencías" e "albariños" que están ca tramitación para asociarse.

Tamén haberá un novo canle de distribución

 A empresa creada polas investigadoras encargarase da distribución, non só dos elaborados, senon tamén dos produtos cultivados e animais criados polos socios de "granxafamiliar" e xa están preparando  saída para os "Queixos do Xurés", ecolóxicos e únicos de Galicia elaborados con leite crú de cabra, e para las "Fabas de Lourenzá", con Denominación de Orixen que envasarán e distribuirán.

Os xóvenes voltan ó rural

Como constatación de que alguns xóvenes sí ven unha oportunidade no rural, igual que Yolanda García e as irmás Pose, a xornada de portas abertas celebrada en Compostela contou ca presencia de persoas interesadas en "granxafamiliar" como ó horticultor Daniel García, de 32 anos e asentado en Lalín.

Según explicóu a GG, traballóu de camareiro en varios establecimientos até que deidiu poñer en produción una hectárea de terreo familiar que xa o abastece para o autoconsumo.

"Fai un mes que me dín de alta como productor e estou instalando invernadoiros polo que quero coñecer canles de venda para os meus produtos", engadíu.

Daniel García está cumplindo así o seu "soño" pois vivir no campo e comer o que producen as terras dos seus país e antes dos seus avós, sempre foi o seu principal desexo.

Coñece a outros produtores familiares como él cos que ten unha relación de axuda mutua nas labores diarias e incluso tivo un compañeiro camareiro que está comezando a poñer en práctica a mesma idea de trocar en produtor rural pero en Ortigueira.

Comentarios