Típico galego

Os ovos son un alimento altamente nutritivo que debe formar parte da dieta habitual. Deben conservarse refrixerados e a súa duración é de 28 días desde o momento da posta.

Ingredientes

  • Catro ovos.
  • 14 litro de nata líquida.
  • Catro langostinos, oito ameixas e catro berberechos.
  • Pemento roxo e verde.
  • Cebola.
  • Allo.
  • Unha cullerada de fariña de maíz, perexil picado e pimenta negra.
  • 15 ml. de caldo de peixe.

Elaboración

Ábrense as ameixas no caldo de peixe e despois os berberechos.Neste mesmo caldo cócense os langostinos pelados, xunto coas súas cabezas, retíranse as colas cando rompa a ferver e cócense dous minutos máis as cabezas. Tritúrase, fíltrase esa salsa e resérvase. Faise un rustrido coas verduras, engádese a fariña, sofríese e vaise engadindo pouco a pouco o caldo feito previamente cos mariscos. Engádense a nata e a pementa. Por último, cócense os ovos.

Comentarios