Toalde 2010

vino_Toalde.JPG
photo_camera vino_Toalde.JPG

Zona: D.O. Ribeira Sacra. Colleita: 2010. Maridaxe: Cabrito asado ao romeu sobre láminas de pataca. Graos: 13% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 14-16º

Merecido descanso logo dun intenso paseo pola Ribeira Sacra, recordando ou crendo recordar como sería a vida por baixo do nivel do río. Inquietante calma raíña nesta paisaxe desértico que algunhas herbas se apresuran a recolonizar sen saber que esas non son terras para unha longa vida. Acompáñome dun mencía no meu descanso, sentado á sombra preséntoo. Toalde é un viñedo escarpado e esquecido ao final dun camiño sen saída, condenado outrora a desaparecer polo seu dificultoso acceso e laborioso cultivo.

Cata

Presenta unha cor vermella picota intenso, con reflexos violetas e boa bágoa. En nariz destaca con aromas elegantes de froitas pequenas maduras.

Comentarios