Todo listo para a festa do cham,piñón en Ordes

A XIX Festa do Champiñón de Ordes, a primeira que se celebra baixo a batuta do novo executivo de Manuel Regos (UXO) festexarase finalmente os días 25, 26 e 27 do presente mes.

O actual goberno local asegura que pretende cambiar a filosofía da cita, que se celebraba conxuntamente con Expofegasa (a feira empresarial que xurdiu como feira gandeira). E para iso, a renovación comeza cun novo nome: Expoordes

Entre os cambios ordenados, chama a atención a exclusión do tradicional desfile do téxtil, unha exhibición dun sector que conta con especial arraigamento no municipio dadas as numerosas empresas con sede no polígono ordense que se dedican á confección e a moda. Con todo o Concello asegura que na distribución de expositores dedicarase unha especial atención ao sector.

Comentarios