Todo listo para a festa do xabaril en Cerdedo

Fiesta del jabalí
photo_camera Fiesta del jabalí

O último fin de semana de abril (neste caso o día 26), Cerdedo celebrará a Festa do Xabaril, iniciada en 2006, exaltando este produto nas carpas habilitadas con máis de 30 expositores, mentres varias comparsas, gaiteiros, malabaristas e bandas de música animan a localidade. Ao mesmo tempo, celebrarase no pavillón polideportivo unha feira para a degustación de produtos de Cerdedo.

A animación é parte fundamental da celebración. Este ano confirmouse a participación que virá dada tamén por parte do O Parga e Tirotea-3, dous cantantes e imitadores que a recado proporcionarán risas e bo ambiente. Será a partir das 12.00 horas, xusto antes de que se de paso ao pregón. Neste caso, aínda é unha incognita o nome do pregoeiro.

As edicións anteriores cultivaron un enorme éxito de asistencia e participación, polo que se estima que nesta ocasión a celebración vaia polo menos igual de ben e estímase que poderían ser uns 7.000 o número de visitantes ao evento.

Para todos aqueles que desexen asistir, Expocercedo ofrécelles unhas corenta casetas de exposición, degustación e venda de produtos típicos como poden ser por exemplo o requesón ou pito, co cal, a oferta é moito máis ampla que os pratos de xabaril, que con todo son o produto estrela.

Comentarios