Torre de Núñez en todo o mundo

A empresa lucense Torre de Núñez, dedicada á elaboración de xamón e embutidos, continúa co seu desenvolvemento, comercializando os seus produtos en Latinoamérica e os países do Caribe. Torre de Núñez  atópase inmersa dentro dun proceso de internacionalización, coa Unión Europea e Latinoamérica, como mercados obxectivo principais.

Así, a empresa conseguiu presenza en Alemaña, Francia, Portugal e Reino Unido, ademais de conseguir recentes contratos de distribución para os seus produtos en Latinoamérica e o Caribe, con acreditados importadores locais.

No contexto actual de crise económica, cunha contracción do consumo en alimentación e un aumento da cota de mercado das marcas brancas, desde Torre de Núñez óptase por diversificar a presenza da firma en diferentes mercados. No pasado exercicio, as exportacións de Torre de Núñez supuxeron un 3% do volume de negocio total, aínda que os obxectivos marcados no plan estratéxico pasan porque os mercados exteriores supoñan polo menos o 10% no 2011.

Torre de Núñez, xamón de calidade

Torre  de Núñez, desenvolveu e implantado  a normativa de calidade  UNE-NISO 9001:2000, sendo recentemente certificada por parte de AENOR, ademais de certificarse tamén co selo de garantía Galicia Calidade, sendo a única  empresa do sector cárnico en Galicia en recibir tal distinción. Entre os obxectivos cualitativos do seu plan estratéxico, recolle  a loita pola recuperación do prestixio do xamón galego. A través dun coidado proceso de elaboración obtén un produto diferenciado, perfectamente comparable ao doutras zonas xeográficas con tradición como Teruel ou Salamanca, así, conseguiu alzarse co liderado do  xamón serrano en Galicia. O xamón serrano de Torre de Núñez conta coa norma de calidade  ''E.T.G. Xamón Serrano'', Especialidade Tradicional Garantida. O obxectivo desta distinción concedida pola Unión Europea é destacar a composición tradicional do produto.

Comentarios